Tuesday 14 de May de 2024

Educación e Cultura comeza a empregar nas súas canles sociais o hashtag #corunaencasa para a divulgación cultural telemática


 

A iniciativa impulsada pola Concellería permitiralle á veciñanza que se atopa confinada nos seus fogares acceder a contidos culturais e educativos en liña durante este período de estado de alarma

O concello, a través da Concellería de Educación
e Cultura, comeza a empregar desde hoxe o hashtag #corunaencasa nas súas
canles sociais (Facebook e Twitter) para informar a cidadanía de todas as
actividades culturais e educativas das que pode desfrutar sen moverse da casa
neste período de confinamento decretado polo estado de alarma no país por mor do
Covid-19.
A iniciativa está dirixida a nenas/os, mocidade e persoas adultas que dispoñen de
internet nos seus fogares. Todas as persoas interesadas poderán seguir o hashtag
#corunaencasa, que se engadirá en todas as publicacións da conta da Concellería
de Educación e Cultura, para saberen día a día das novas actividades que irán
saíndo.
Os coruñeses e coruñesas poderán seguir a programación das Bibliotecas
Municipais, os Museos Científicos, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda
Municipal de Música, o Teatro Rosalía Castro, o Teatro Colón, o Museo
Arqueolóxico, as casas museo e exposicións en xeral.